Alex Trochut, nado en Barcelona en 1981, é un deseñador gráfico, ilustrador e tipógrafo catalán. É neto do tipógrafo Joan Trochut.
Traxectoria Alex Trochut graduouse en Deseño Gráfico na escola ELISAVA de Barcelona, comezando a súa actividade profesional en Berlín, traballando nos estudos Moniteurs e Xplicit, para posteriormente regresar a Barcelona e traballar no estudo de deseño Toormix á súa chegada, e máis tarde no de Vasava, establecéndose pola súa propia conta en 2007.http://www.designboom.com/design/alex-trochut-interview-12-23-2013/
A súa obra caracterízase pola importancia que outorga á tipografía, converténdoa nun elemento de expresión gráfica, así como a variedade e cambios de técnica en cada proxecto, mantendo en todos eles como trazos comúns a fusión entre xeometría e formas fluídas.http://culturacolectiva.com/alex-trochut-mas-es-mas/http://graffica.info/alex-trochut-entrevista/ A súa obra vese influída por artistas mediterráneos como Pablo Picasso, Salvador Dalí ou Joan Miró, así como pola arte xeométrica do húngaro Victor Vasarely.http://www.elmundo.es/elmundo/2011/07/14/cultura/1310638028.html
Realizou proxectos para Apple, Arctic Monkeys, Nike, The Rolling Stones, Adidas, Coca-Cola, British Airways, Pepsi, Starbucks ou The Guardian.
En 2011 publicou o libro titulado More is More no que se recollen todos os proxectos que realizou dende 2006 até ese momento.
Notas
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Deseñadores gráficos