O referendo sobre o Estatuto de Autonomía de Cataluña celebrouse o 18 de xuño de 2006 nesa comunidade autónoma con carácter vinculante. O seu obxectivo era decidir a entrada ou non en vigor do novo Estatut aprobado polas Cortes Xerais de España, en sesión do Senado, o 10 de maio de 2006.
O referendo de ratificación foi convocado polo presidente da Generalitat de Cataluña, Pasqual Maragall, o 18 de maio de 2006. A pregunta, redactada nas dúas linguas oficiais do país (catalán e castelán) era: «Aproba o proxecto de Estatuto de autonomía de Cataluña?».
Prohibición de incentivar a participación A Xunta Electoral Central de España prohibiu, nunha decisión sen precedentes dende o restablecemento da Generalitat en 1977, o fomento da participación por parte desta e as outras administracións públicas.La Junta Electoral Central obliga la Generalitat a modificar la campanya del referèndum 3/24 Esta prohibición foi ratificada polo Tribunal Supremo de España.El Suprem dóna la raó a la JEC i el Govern de la Generalitat no podrà incentivar el vot en la campanya pel referèndum 3/24
Posición dos partidos Pediron o Si ao novo Estatut: Convergència i Unió, Partit dels Socialistes de CatalunyaEls dirigents del PSC i el PSOE fan pinya pel sí a l'estatut VilaWeb e Iniciativa per Catalunya Verds. Pediron o NON ao novo Estatut: Esquerra Republicana de Catalunya,ERC diu "no" a l'Estatut pactat entre Zapatero i Mas i garanteix l'estabilitat del tripartit 3/24 Candidatura d'Unitat Popular e Partit Popular de Catalunya.La campaña del PP contra el Estatut tendrá en Cataluña rasgos diferenciales ABC
Plataformas cidadás Creáronse varias plataformas para pedir o voto en diferentes sentidos: Si: Estatut Jo Sí Non: Antifranquistes pel no, Arquitectes pel no, Diguem No (integrada pola Campanya Unitària per l'Autodeterminació e a Plataforma Pel dret de decidir e máis de 130 entidades), Sindicalistes pel no, Plataforma Pel dret de decidir, Economistes pel no. Voto nul: Vota lliure, vota independència
Resultados O referendo estatutario tivo os seguintes resultados:Referèndum per a l'Estatut de Catalunya. Vots. Per opcions. Comarques, àmbits i províncies IdescatReferèndum per a l'Estatut de Catalunya.Distribució dels vots.Per opcions. Comarques, àmbits i províncies Idescat Electores: 5.310.103 Votantes: 2.594.167 (participación do 48,9%) Si: 1.899.897 (73,2%) Non: 533.742 (20,6%) Brancos: 137.207 (5,3%) Nulos: 23.321 (0,9%)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Discurso do Presidente da Generalitat do 16-06-2006
Categoría:Política de Cataluña Categoría:Referendos