As doce uvas é unha tradición de orixe española consistente en tomar doce uvas ao son das doce badaladas que sinalan o comezo do Aninovo. A orixe de tomar uvas na Noitevella data cando menos da década de 1880. A popularización da práctica deuse por intereses económicos, cando en vésperas do Ano Novo 1909 os colleiteiros de uva tiveran unha gran produción. Para desfacérense do excedente, inventaron o ritual de tomar as uvas da sorte na derradeira noite do ano".

Historia A creación de Televisión Española a mediados do século XX permitiu a transmisión anual das doce badaladas do 31 de decembro dende a Porta do Sol de Madrid. Tras a creación das televisións autonómicas, estas comezaron a retransmitir as badaladas desde outros lugares; no caso da Televisión de Galicia, dende a torre do reloxo da catedral de Santiago de Compostela. Se ben tradicionalmente moita xente celebraba a Noitevella en familia, moita xente comezou a ir tomar as uvas da sorte en directo ao son do reloxo a diferentes espazos públicos, como a propia Porta do Sol.

As doce uvas en Vilagarcía de Arousa En 1999 o goberno local de Vilagarcía de Arousa tomou a decisión de invitar a veciñanza a tomar as uvas ao mediodía, coa idea de involucrar a toda a comunidade a unha hora máis accesible para as persoas de todas as idades. Desde ese ano vénse celebrando a festa na Praza de Ravella, xusto fronte á casa consistorial. O Concello reparte uvas envasadas entre as persoas asistentes (350 quilos en 2016) e lambetadas para os nenos, para seren tomadas ao son das badaladas do reloxo do consistorio da vila. Tamén ofrece aos participantes do festival máis de 400 botellas de cava e batidos para brindar.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "La 'Festa das Uvas' de Vilagarcía cumple la mayoría de edad" Faro de Vigo Vilagarcía recibe 2017 con su anticipada fiesta de uvas "Muñecos gigantes y juegos de luces, en las uvas de mediodía" La Voz de Galicia.

Categoría:Festas de España Categoría:Nadal