Condesa Emilia Plater (Broel-Plater, en ), nada o 13 de novembro de 1806 en Vilnius e finada o 23 de decembro de 1831, foi unha revolucionaria e nobre polaca"Litwa: przewodnik", Tomasz Krzywicki, Oficyna Wydawnicza "Rewasz", 2005, s. 196 das terras divididas da República das Dúas Nacións. Criada na tradición patriótica polaca, loitou no Levantamento de Novembro de 1830 e encabezou unha pequena unidade coa que participou en varios enfrontamentos. Recibiu o rango de capitán das forzas insurxentes polacas. Preto do final do levantamento caeu enferma e morreu.

Aínda que non participou en ningunha gran batalla, a súa historia fíxose moi coñecida e inspirou numerosas obras de arte e de literatura. É unha heroína nacional en Polonia e Lituania, xa que ambas formaban parte da República das Dúas Nacións. Foi venerada tamén polos artistas polacos e por todo o país como un símbolo das mulleres loitando pola causa nacional.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Carta orixinal de Emilia Plater na que confirma o feito de que se alista no exército por propia vontade Familia Plater de Westphalia Lugar de falecemento de Emilia Plater

Categoría:Nados en 1806 Categoría:Nados en Vilnius Categoría:Finados en 1831 Categoría:Militares de Polonia