Grupo de Usuarios de Linux de Ourense (GULO) foi unha asociación constituída en 1999 por parte de usuarios de Linux de Ourense. Tivo a súa sede oficial no Local de Asociacións do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Constituíuse como asociación universitaria, a partir dun grupo de alumnos interesados en Linux, a maioría dos cales estudaban, neses intres, titulacións de informática ou física. Esta asociación tivo, especialmente nos seus inicios, un gran soporte da Facultade de Ciencias e da Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo (Campus de Ourense).

Véxase tamén Ligazóns externas Grupo de Usuarios de Linux de Ourense

Categoría:Grupos de usuarios de GNU/Linux Categoría:Asociacións informáticas Categoría:Ourense Categoría:Asociacións de Galicia