Anthony Francis O'Connell "Tony" Maggs nado en Pretoria, Suráfrica o 9 de febreiro de 1937 e finado o 2 de xuño de 2009, foi un piloto de competición de Suráfrica. Participou en 27 Grandes Premios do Campionato do Mundo, no que debutou o 15 de xullo de 1961. Logrou tres podios e anotou un total de 26 puntos de campionato.
Era o fillo dun rico agricultor e home de negocios, Tony Maggs formou parte do equipo de Fórmula Júnior de Ken Tyrrell, nun Cooper-BMC en 1961 e compartiu o Campionato de Europa con Jo Siffert. Foi invitado ao equipo Cooper de Fórmula Un para -, terminou segundo no Gran Premio de Francia ambos anos, pero foi substituído a finais de 1963.Biodata
Maggs marchou a Scuderia Centro Sud para 1964 e pese ao feito de que o seu BRM P57 non era unha máquina moderna logrou puntuar en dúas das tres carreiras nas que logrou saír, tamén volveu a Fórmula 2 cun MRP Lola e con David Piper gañou a carreira das 9 Horas de Kyalami nun Ferrari GTO.
En , Maggs competiu soamente nunha carreira de Fórmula 1, con Reg Parnell Racing, no Gran Premio de Suráfrica de 1965 no Circuíto Prince George, pero continuou participando con éxito tanto en Fórmula 2 como en coches deportivos, pero nunha carreira nacional en Pietermaritzburg estrelou o seu Brabham e un espectador de pé nunha zona restrinxida foi golpeado e morreu. Maggs inmediatamente retirouse do deporte do motor para concentrarse nos seus intereses comerciais.
Maggs morreu o 2 de xuño de 2009, de cancro.
Resultados completos na Fórmula 1 (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Puntos Louise Bryden-Brown Lotus 18 Climax 4 en liña MON NED BEL FRA GBR13 ALE11 ITA USA NC 0 Cooper Car Company Cooper T55 Climax 4 en liña NED5 MONRet ALE9 7º 13 Cooper T60 Climax V8 BELRet FRA2 GBR6 ITA7 USA7 RSA3 Cooper Car Company Cooper T66 Climax V8 MON5 BEL7 NEDRet FRA2 GBR9 ALERet ITA6 USARet MEXRet RSA7 8º 9 Scuderia Centro Sud BRM P57 BRM V8 MON NEDNTS BELNTS FRA GBRRet ALE6 AUT4 ITA USA MEX 12º 4 Reg Parnell Racing Lotus 25 BRM V8 RSA11 MON BEL FRA GBR NED ALE ITA USA MEX NC 0
Notas
Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Suráfrica Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Cooper Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Scuderia Centro Sud Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Reg Parnell Racing Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Finados por cancro Categoría:Nados en Pretoria