Antonio Fraguas Saavedra, nado na Fonsagrada en 1905 e finado en Madrid o 20 de abril de 1983Necrolóxica en ABC., foi un escritor e xornalista galego."Antonio Fraguas Saavedra, periodista y escritor", El País (22 de abril de 1983)

Traxectoria Fillo de Constantino Fraguas Couceiro, veterinario titular da Fonsagrada, e de Aurelia Saavedra Lastra. Cursou estudos de Dereito e Farmacia nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid.

En 1931 ingresou na multinacional holandesa Philips na que chegou a ser Apoderado Xeral para España. Pertenceu a Falange Española, participando na guerra civil como alférez provisional. Colaborou nos periódicos Arriba, 7 Fechas e El Español. Fundador do diario Unidad de Donostia.

Foi Director Xeral de Cinematografía e Teatro, e vogal do Sindicato Nacional do Espectáculo. Foi Xefe Superior de Administrador do Estado e Inspector Xeral de Información e Turismo.Francisco Rojas Claros (2013). Dirigismo cultural y disidencia editorial en España (1962-1973), Universidade de Alacant, páx. 46 .

Filmou, entre outras películas, Danzas de España, unha das primeiras compilacións sobre o folclore español. Foi finalista do Premio Nacional de Teatro en 1943 por Cumbres y simas e, posteriormente, obtivo o Premio Abraham Lincoln, o Premio Ateneo de Valladolid, o Premio Ondas e o Premio de novela Ciudad de Oviedo, ambos de novela, e os Premios Jauja e Hucha de Oro de contos.

Obras Cumbres y simas, 1942. Don Generoso y los fantasmas, 1961. Cuesta arriba, 1964. Premio Jauja de Cuentos. Memorias de un Ford T, 1964. Unos rosales en China, 1966. Premio Ciudad de Oviedo. Don Generoso y los fantasmas, 1968. Premio Ondas de Novela. El hombre que no tenía Curriculum-vitae, 1974. Cielo santo ¡Los tecnócratas!, 1980.

Vida persoal Casou con María Ascensión de Pablo López, e foi pai de nove fillos: María, Antonio (Forges), Enrique, Berta, Isabel, María José, Rafael Fraguas (redactor de El País), Paloma e José María Fraguas (Pirracas, realizador de televisión).

Recoñecementos Premio Ondas 1960. En 2006 dedicáronlle unha rúa na Fonsagrada.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas da Fonsagrada Categoría:Nados na Fonsagrada Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes