HernandoAs fontes non están de acordo co primeiro nome de da Silva Ramos. Algunhas fontes (ex. FORIX, oldracingcars.com, formula1.com, ChicaneF1 e StatsF1) aparece como "Hermano" mentres que outra (ex. grandprix.com e Mike Lang's Grand Prix! Volume 1) aparece como "Hernando". João "Nano" da Silva Ramos nado en París (Francia) o 7 de decembro de 1925 e finado en Biarritz o 4 de maio de 2026, foi un piloto de carreiras con dobre nacionalidade franco-brasileira. Tiña nai francesa e pai brasileiro.

Carreira Da Silva Ramos aventurouse por primeira vez en carreiras de motor, conducindo un MG TC, en marzo de 1947, á idade de 21 anos, cando competiu no Gran Premio de Interlagos no Brasil. Durante 1953 comezou a competir nun Aston Martin DB2/4 en carreiras de coches deportivos en Francia. En 1954 en Montlhéry, cruzou a liña no segundo lugar na París Cup, pero foi o gañador da Coupe de Montlehery. No mesmo ano, tamén participou na carreira das 24 Horas de Le Mans, con Jean-Paul Colas como o seu copiloto, retirouse logo de 14 horas despois dun fallo do eixe traseiro. Tamén en 1954, quedou sen combustible mentres encabezaba o Tour de Francia Auto e retirouse co motor danado no Rally de Marrocos. Máis adiante nese ano na Salon Cup, na cal tamén tivo que retirarse, conduciu un Gordini Type 18. En 1955 (co copiloto Lucas) foi descualificado por exceso de velocidade no Rally de Monte Carlo, estaba clasificado 46º e 4º na súa clase, gañou o Coupe de Montlhery novamente, gañou o Rally Sabre-Solesmes e foi quinto na clase GT da Mille Miglia co copiloto Vidille.AMOC Register

Da Silva Ramos participou en sete Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula Un, debutou o 19 de xuño de 1955 e anotou un total de dous puntos de campionato.

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX MON 500 BEL NED8 GBRRet ITARet NC 0 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX MON5 500 BEL 19º 2 Gordini Type 32 Gordini 8 en liña FRA8 GBRRet ALE ITARet

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 do Brasil Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Gordini Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans