Xosé Manuel Sabucedo Cameselle, nado en Vigo o 15 de febreiro de 1954, é un psicólogo galego.
Traxectoria Licenciado e doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrático dende 1993. É profesor do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da Facultade de Psicoloxía, da que foi decano. Traballa sobre autoritarismo e actitudes políticas, participación e movementos sociais e violencia política. Foi premio de Investigación Social da Xunta de Galicia en 2006 e Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social en 2010. É presidente da Sociedad Científica Española de Psicología Social (SCEPS)“Queremos contribuir a que se haga una Psicología Social cada vez mejor y al servicio del bienestar del conjunto de la ciudadanía”-Entrevista a José Manuel Sabucedo, presidente de la SCEPS.
Obras Autoritarismo y actitudes socio-políticas, 1985. Psicología política, 1996 Fundamentos de psicología social, 1997. Do descontento á acción, 2004 (con Concha Fernández).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O profesor Xosé Manuel Sabucedo Cameselle, Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social
Categoría:Psicólogos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1954