Daniel Mallo Castro, coñecido como Dani Mallo, nado en Cambre o 25 de xaneiro de 1979, é un exfutbolista e político galego. Xogaba de porteiro.

Traxectoria Natural de Cambre, comezou a xogar ao fútbol na canteira do Sporting Cambre e aos 16 anos xa defendía a portería do primeiro equipo na Segunda Autonómica. Pouco despois ingresou no equipo xuvenil do Deportivo da Coruña, onde coincidiu con futbolistas como Deus ou Amarelle. Con Dani Mallo como gardameta, o xuvenil deportivista conseguiu unha das maiores xestas da súa historia, proclamándose campión de España en 1996, tras derrotar ao Real Madrid na final do campionato disputado en Puertollano.

Na tempada 1996/97 subiu ao Fabril, da Segunda División B, estando durante case todo o ano á sombra de Fran Martínez. Unha varicela sufrida polo venezolano, propiciou que Mallo puidese debutar finalmente co filial durante a promoción de ascenso a Segunda División, nunha histórica vitoria por 1-4 sobre o Córdoba no Nuevo Arcángel. Con todo, o equipo galego non acadou o ascenso, como tampouco fixo na tempada seguinte, na que volveu disputar a promoción, xa con Dani Mallo asentado na titularidade.

Pasou ao cadro do primeiro equipo en Primeira División en 2001, pero non debutou oficialmente até o 5 de maio de 2003, cando xogou vinte minutos na vitoria deportivista fronte ao Recreativo de Huelva.

Ao non xogar apenas partidos e figurar como terceiro porteiro do equipo, foi cedido na tempada 2003–04 ao Elche CF, en Segunda División. Con este conxunto, disputou todos os partidos do ano, e a escuadra quedou na posición 14ª. Ao ano seguinte volveu ao Deportivo, pero seguiu sen xogar, e o 10 de xullo de 2006 anunciou que fichaba polo equipo portugués do Sporting de Braga ao que marchou para disputar a tempada 2006–07 na posición de porteiro suplente. Xogou un partido naquel ano, e á tempada seguinte, por culpa da lesión do titular Paulo Santos, disputou sete partidos da Liga portuguesa, e tamén varios encontros da Copa de Portugal e da Copa da UEFA. Ao final da tempada a súa ficha pasa a ter unha situación pouco definida: adestra por separado, non xoga ningún encontro e no mercado de inverno de xaneiro de 2009 fichou polo Falkirk FC da Scottish Premier League.Mallo Falkirk bound, Web do Falkirk FC, 16/1/2009.

En xullo de 2009, Mallo resultou relegado debido á marcha do adestrador John Hughes ao Hibernian FC, e o xogador galego elixiu ir a Cataluña para xogar co Girona FC."El Girona refuerza la portería con Dani Mallo y Pociello", Diario AS Tras varios anos en Xirona realizando boas tempadas, o 5 de xullo de 2013 asinou por dúas tempadas co Club Deportivo Lugo.

Clubs AnoClubDivisiónPartidosGoles rec.1997-1998Deportivo BSegunda B281998-1999Deportivo BSegunda B131999-2000Deportivo BTerceira2000-2001Deportivo BSegunda B35632001-2002Deportivo BTerceira2001-2002DeportivoPrimeira002002-2003DeportivoPrimeira212003-2004ElcheSegunda38552004-2005DeportivoPrimeira112005-2006DeportivoPrimeira002006-2007Sporting BragaPrimeira Liga102007-2008Sporting BragaPrimeira Liga772008-2009FalkirkScottish P.L.15172009-2010GironaSegunda10152010-2011GironaSegunda10172011-2012GironaSegunda22262012-2013GironaSegunda39492013-2014LugoSegunda16242014-2015LugoSegunda14142015-2016AlbaceteSegunda

Logo do fútbol Trala súa retirada foi delegado do sindicato de futbolistas AFE e adestrador de porteiros nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña. É colaborador habitual da RTVG como comentarista e analista en programas de fútbol como o En xogo, no que traballa dende 2017.

Ademais, presentouse nas listas electorais de Unión por Cambre nas eleccións municipais de 2019 e foi elixido concelleiro. No segundo goberno de Óscar García Patiño (UxC), Mallo asumiu a carteira de Deporte, Mocidade e Cultura. Tamén ten colaborado como voluntario de rescate coa Cruz Vermella e na unidade de Protección Civil de Cambre.

Palmarés Deportivo Liga de España: 1999–00 Copa do Rei: 2001–02 Supercopa de España: 2000, 2002

Recoñecementos O campo de fútbol municipal do concello de Cambre leva o seu nome. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Cambre Categoría:Futbolistas de Cambre Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting Cambre Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do SC Braga Categoría:Xogadores do Falkirk FC Categoría:Xogadores do Girona FC Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do ATK Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña internacionais coa selección de fútbol de Galicia Categoría:Concelleiros de Cambre