Drew Christopher Brees, nado o 15 de xaneiro de 1979 en Austin, Texas, é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano que actualmente xoga para os New Orleans Saints da National Football League (NFL) na posición de quarterback. Despois dunha prolífica carreira na Universidade Purdue, onde foi un dos xogadores máis destacados da sus historia, estabelecendo múltiples récords da NCAA, foi seleccionado polos San Diego Chargers no primeiro posto da segunda rolda do Draft da NFL de 2001.

Brees comzou a súa carreira como profesional nos Chargers, gañándose rapidamente o posto de titular e conseguindo ser seleccionado para o Pro Bowl de 2004. En 2006, nove meses despois de sufrir unha grave lesión no seu ombreiro, asina cos New Orleans Saints como axente libre. Nada máis chegar ao equipo de Luisiana, converteurse nunha das pezas fundamentais da franquía, conseguindo nove nomeamentos para o Pro Bowl e liderando ao equipo á súa primeira Super Bowl, a in XLIV ante os Indianapolis Colts. Desde a súa irrupción nos Saints, liderou como quarterback a NFL en touchdowns, iardas de pase e partidos con máis de 300 iardas. De feito, conseguir pasar das 5.000 iardas nunha soa temporada en cinco ocasións, mentres que tan só outros catro quarterbacks que o conseguiron (Dan Marino, Tom Brady, Matthew Stafford e Peyton Manning) só o lograron unha vez. Entre outros recoñecimentos en 2006 recibiu o galardón Walter Payton polo seu labor caritativo e solidario e foi nomeado deportista do ano por Sports Illustrated en 2010.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da Fundación Drew Brees Perfil na web dos New Orleans Saints Perfil na web dos Purdue Boilermakers

Categoría:Xogadores dos San Diego Chargers Categoría:Xogadores dos New Orleans Saints Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Austin, Texas