Risk of Rain é un videoxogo de plataformas que incorpora elementos roguelike, desenvolvido por un equipo de dous estudantes da Universidade de Washington baixo o nome de Hopoo Games. O xogo, que comezou coma un proxecto estudantil, foi financiado por medio dunha campaña en Kickstarter, e publicado por Chucklefish Games para Microsoft Windows en novembro de 2013. As versións para macOS e Linux publicáronse inicialmente como parte dun Humble Bundle o 28 de outubro de 2014. As adaptacións para PlayStation 4 e PlayStation Vita, desenvolvidas coa colaboración de Code Mystics, publicáronse o 12 de abril de 2016.

O xogador controla a un sobrevivente dun accidente dunha nave espacial nun planeta estraño. Segundo progresa polos diversos niveis do xogo, seleccionados de forma aleatoria e con elementos de xeración por procedementos, o xogador procura sobrevivir matando monstros inimigos e obtendo obxectos que melloran as súas capacidades ofensivas e defensivas. O xogo inclúe unha escala de dificultade que se incrementa co tempo, obrigando ó xogador a decidir entre pasar máis tempo adquirindo experiencia e obxectos ou completar os niveis rapidamente para evitar inimigos máis difíciles. O xogo permite partidas multixogador cooperativas de ata catro xogadores en liña e dous en modo local.

Recepción

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Videoxogos de 2013 Categoría:Videoxogos de Linux Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos de plataformas Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos de PlayStation 4 Categoría:Videoxogos de PlayStation Vita Categoría:Videoxogos de Windows