Élie Marcel Bayol nado en Marsella o 28 de febreiro de 1914 e finado en La Ciotat) o 25 de maio de 1995 foi un piloto de carreiras francés, que competiu en Fórmula 1 para os equipos de O.S.C.A. e Gordini. Comezou a súa carreira en 1950 nas carreiras de Monomill DB-Panhards e progresou á Fórmula 2 e ás carreiras e subidas ao redor de Francia. O seu mellor resultado foi un cuarto lugar no Circuíto de Cadours, en 1951. En 1953 foi cuarto de novo en Pau e obtivo unha pole position en Albi. Tamén tivo éxito o mesmo ano gañando o Gran Premio de Fórmula 2 en Aix les Bains Circuit du Lac.
A súa carreira no Campionato do Mundo de Fórmula Un consistiu na participación en 8 carreiras nun lapso de cinco anos. Logo de dous anos cun OSCA, uniuse ao equipo Gordini en con Jean Behra. Logrou os seus únicos 2 puntos de campionato cun quinto lugar na Arxentina. Tamén terminou cuarto nun evento fóra de campionato en Pau. En 1956 correu unhas poucas veces, pero logo desapareceu das carreiras de monoprazas.
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Élie Bayol O.S.C.A. 20 O.S.C.A. 6 en liña SUI 500 BEL FRA GBR ALE NED ITARet NC 0 Élie Bayol O.S.C.A. 20 O.S.C.A. 6 en liña ARX 500 NED BEL FRARet GBR ALE SUINTS NC 0 O.S.C.A. ITARet Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX5 500 BEL FRA GBR ALE SUI ITA ESP 19º 2 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARXRet MONRet 500 BEL NED GBR ITA NC 0 Gordini Gordini Type 32 Gordini 8 en liña ARX MON6* 500 BEL FRA GBR ALE ITA NC 0 ''* Indica unidade compartida con André Pilette
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Élie Bayol profile at The 500 Owners Association Elie Bayol at The Crittenden Automotive Library inclúe as marcas carreira por carreira de Fórmula 1 ata 1955
Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Francia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de OSCA Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Gordini Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Nados en Marsella