Santa María de Tuimil é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Limita coas parroquias de San Fiz de Rubián e Vilasouto ao norte, Laiosa ao leste, Guntín e Bóveda ao sur e Rubián ao oeste.
Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 121 habitantes (60 homes e 61 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 175 habitantes.
Topónimo O seu nome provén do xermánico teod mir (lugar eminente). No ano 1175, nunha bula do mosteiro de Samos, aparece a igrexa de Santa María de Toemir. En 1430 Gómez Ares vendeu a Vasco Fernández, todas as súas herdades en Xulián, freguesía de Santa María de Toymil, sendo notario da Somoza un tal Lorenzo.
Patrimonio A igrexa de Santa María de Tuimil data dos séculos XVII e XVIII. É un edificio de tres naves, con muros de cachotería de lousa e cuberta a dúas augas, separadas entre si por dous arcos de medio punto en granito.
No lugar de Xullán atópase a capela de San Pedro, de planta rectangular e muros de cachotería de lousa enlucidos, con cuberta a dúas augas en madeira e lousa. Sobre a porta levántase un campanil dun só van. Capela de San Xil. O 1 de setembro celébranse as festas na honra do santo.
Na arquitectura civil destaca no lugar da Abelleira, a Casa da Abelleira.
Destacan varios hórreos ben conservados no lugar de Xulián, e os Muíño de Vilaboa, Pena, Barxa, Xil e O Pardo.
Lugares e parroquias Lugares de Tuimil
Parroquias de Bóveda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Bóveda
Categoría:Parroquias de Bóveda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María