The Milky Way é unha curtametraxe clásica de animación producida en Technicolor e estreada nos cines co filme The Captain Is a Lady por Metro-Goldwyn Mayer. A curtametraxe, producida e dirixida por Rudolf Ising e co-producida por Fred Quimby coa supervisión musical de Scott Bradley, conta as aventuras dos "tres pequenos gatiños" e a súa exploración do mundo dos soños onde a Vía Láctea está feita de leite e a Lúa de queixo.

Gañou o Oscar á mellor curtametraxe animada na 13ª edición dos premios, e foi o primeiro filme que non era de Disney en facelo.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1940 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Rudolf Ising Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada