miniatura|dereita|Reacción de combustión do metano (debaixo) e representación de modelos das moléculas (arriba).|262x262px Unha ecuación química é unha descrición simbólica dunha reacción química. Mostra as substancias que reaccionan (chamadas reactivos ou reactantes) e as substancias que se orixinan (chamadas produtos). A ecuación química axuda a visualizar os reactivos que son os que terán unha reacción química e os produtos, que son as substancias que se obteñen deste proceso. Ademais pódense situar os símbolos químicos de cada un dos elementos ou compostos que estean dentro da ecuación e poder balancealos con maior facilidade.IUPAC. Compendium of Chemical Terminology, 2nd ed. ISBN 0-9678550-9-8.

En 1615 Jean Beguin publicou Tyrocinium Chymicum, un dos primeiros traballos escritos sobre química, onde redacta a primeira ecuación química da Historia.Crosland, M.P. (1959). "The use of diagrams as chemical 'equations' in the lectures of William Cullen and Joseph Black." Annals of Science, Vol 15, No. 2, Jun.

Requisitos dunha ecuación química Unha ecuación química debe: Cumprir coa lei de conservación da materia. Cumprir coa lei de conservación da carga. Cumprir coa lei de conservación da enerxía. Corresponder a un proceso real.

Interpretación dunha ecuación química Un caso xeral de ecuación química sería:

onde: A, B, C, D, representan os símbolos químicos ou a fórmula molecular dos átomos ou moléculas que reaccionan (lado esquerdo) e os que se producen (lado dereito). a, b, c, d, representan os coeficientes estequiométricos, que deben ser axustados de maneira que sexan reflexo da lei de conservación da masa. A interpretación física dos coeficientes estequiométricos, se estes son números enteiros e positivos, pode ser en átomos ou moles. Así, diríase que a ecuación de xeometría estequiométrica se subdivide na seguinte: Cando "a" átomos (ou moléculas) de A reaccionan con "b" átomos (ou moléculas) de B producen "c" átomos (ou moléculas) de C, e "d" átomos (ou moléculas) de D. Cando "a" moles de átomos (ou moléculas) de A reaccionan con "b" moles de átomos (ou moléculas) de B producen "c" moles de átomos (ou moléculas) de C, e "d" moles de átomos (ou moléculas) de D. Por exemplo o hidróxeno (H2) pode reaccionar con osíxeno (O2) para dar auga (H2O). A ecuación química para esta reacción escríbese:

O símbolo "+" lese como "reacciona con", mentres que o símbolo "→" lese como "produce". Para axustar a ecuación, poñemos os coeficientes estequiométricos:

miniatura|240x240px|P4O10 + 6 H2O → 4 H3PO4 Esta ecuación química está a ser balanceada multiplicando H3PO4 por catro para igualar o número de átomos de fósforo, e logo multiplicando H2O por seis para igualar o número de átomos de H e O nos dous lados da ecuación. A ecuación está axustada e pode ser interpretada como 2 mol de moléculas de hidróxeno reaccionan con 1 mol de moléculas de osíxeno, producindo 2 mol de moléculas de auga.

As fórmulas químicas á esquerda da data de reacción ("→") representan as substancias reaccionantes ou reactantes; á dereita da data de reacción ("→") están as fórmulas químicas das substancias producidas, denominadas produtos.

Os números diante das fórmulas son chamados coeficientes estequiométricos. Estes deben ser tales que a ecuación química estea balanceada, é dicir, que o número de átomos de cada elemento das substancias reaccionantes e dos produtos da reacción sexa o mesmo. Os coeficientes deben ser enteiros positivos, e o un omítese. Nas únicas reaccións que isto non se produce é nas reaccións nucleares.

Adicionalmente, pódense agregar (entre paréntese e como subíndice) o estado de agregación molecular de cada substancia participante: sólido (s), líquido (l), acuoso (aq) ou gasoso (g).

No exemplo da auga:

Outros símbolos utilizados para indicar o tipo de reacción son:

"" indica unha relación estequiométrica. "" indica unha reacción neta cara á dereita. "" indica unha reacción en ambas as direccións. "" indica un equilibrio químico.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Química Escrito por William S Seese, G William Daub (books.google.es)

Outros artigos Equilibrio químico Fórmula química Molécula Enxeñaría química Industria química Reacción química Ligazóns externas Descrición dun algoritmo para igualar ecuacións químicas utilizando o método alxébrico, e a súa introdución na linguaxe de programación Logo

Categoría:Reaccións químicas