Buchi Emecheta, nada en Lagos o 27 de xullo en 1944 e finada en Londres o 25 de xaneiro de 2017, foi unha escritora nixeriana residente no Reino Unido.
Traxectoria Filla dun traballador do ferrocaril, quedou orfa e estivo ao coidado dunha escola misioneira. Casa aos dezasete anos e cando seu home marcha a Inglaterra estudar, ela vai con el. En 1966 sepárase do seu home e realiza estudos de socioloxía na Universidade de Londres.
As súas novelas tratan da relación entre homes e mulleres na sociedade tradicional e da oposición entre tradición e modernidade.
Obra 1972: In the Ditch (novela). 1974: Second Class Citizen. 1976: The Bride Price. 1977: The Slave Girl. 1979: The Joys of Motherhood. 1981: Destination Biafra. 1981: Naira Power. 1981: Double Yoke. 1986: The Rape of Shavi. 1994: Kehinde.
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Nixeria Categoría:Nados en Lagos Categoría:Nados en 1944 Categoría:Alumnos da Universidade de Londres Categoría:Profesores da Universidade Yale