A dos tetraoninos (Tetraoninae) é unha subfamilia de aves da orde dos galiformes, clasificadas na familia dos fasiánidos, entre as que as máis coñecidas son as pitas do monte. A clasificación máis común para este taxon é consideralas como subfamilia, pero ás veces foron clasificados como a familia tetraónidos (Tetraonidae). Esta clasificación como unha subfamilia de fasiánidos está apoiada por estudos das secuencias de ADN mitocondrial,Gutierrez, R. J.; Barrowclough, G. F. & Groth, J. G. (2000): "A classification of the grouse (Aves: Tetroninae) based on mitochondrial DNA sequences" . Wildlife Biology 6 (4): 205–212. e é a aplicada pola American Ornithologists' Union,Tetraoninae AOU Checklist of North and Middle American Birds. American Ornithologists' Union. ITIS,Tetraoninare no ITIS e outros.

Habitan en rexións temperadas e subárticas do hemisferio norte, en hábitats que van desde bosques de piñeiros a páramos e ladeiras montañosas,Rands, Michael R. W. (1991): Forshaw, Joseph, ed. Encyclopaedia of Animals: Birds. London: Merehurst Press. p. 91. ISBN 1-8539-1186-0. desde unha latitude de 83 °N (o lagópodo cinsento vive no norte de Groenlandia) a 28 °N (o Tympanuchus cupido attwateri vive en Texas).Storch, Ilse & Bendell, J. F. (2003): "Grouse". En Perrins, Christopher. The Firefly Encyclopedia of Birds. Richmond Hill, Ontario, Canada: Firefly Books. pp. 184–187. ISBN 1-5529-7777-3.

Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1825 polo zoólogo irlandés Nicholas Aylward Vigors, en Sketches in ornithology, or, Observations on the leading affinities of some of the more extensive groups of birds. Londres : W. Phillips.

miniatura|230px|Bonasa umbellus, femia Sinónimo A subfamila tamén se coñeceu como familia: Tetraonidae Vigors, 1825

Nota taxonómica miniatura|230px|Dendragapus obscurus, femia miniatura|230px|Falcipennis canadensis, macho miniatura|230px|Lagopus mutus, macho en plumaxe invernal, no Xapón miniatura|230px|Tympanuchus cupido, machos en parade nupcial, Estados Unidos

Pitas do monte, lagópodos e galiñas das abeleiras pertencen á orde dos galiformes (Temminck, 1820) e á familia dos fasiánidos (Horsfield 1821).. Estudos xenéticos recentes demostran que forman un grupo monofilético, considerado como unha subfamilia distinta, a dos Tetraoninae (Vigors, 1825), que está próxima ao xénero Meleagris (Gray, 1840),. aínda que algúns autores continúan tratándoos como unha familia (tetraónidos).Potapov R. & Sale R. (2013): Grouse of the world. London: New Holland Publishers.

Xéneros e especies Publicacións recentes aditent 20 especies repartidas en 8 xéneros:. A lista sistemática seguinte está tirada de Del Hoyo et al.

Xénero Bonasa Stephens, 1819 [inclúe Tetrastes (Keyserling & Blasius, 1840] Bonasa bonasia (Linnaeus, 1758), sinón. Tetrastes bonasia, 12 subespecies (hoxe clasificada como Tetrastes bonasia (Linnaeus, 1758), Véxase máis abaixo.Tetrastes bonasia (Linnaeus, 1758) no ITIS. Bonasa sewerzowi (Przewalski, 1876), sinón. Tetrastes sewerzowi, 2 subespecies (hoxe clasificada como Tetrastes sewerzowi Przewalski, 1876. Véxase máis abaixo).Tetrastes sewerzowi Przewalski, 1876 no ITIS. Bonasa umbellus (Linnaeus, 1766), 16 subespecies Xénero Centrocercus Swainson, 1832 Centrocercus minimus (Young, Braun, Oyler-McCance, Hupp & Quinn, 2000), monotípico Centrocercus urophasianus (Bonaparte, 1827), monotípico (algúns autores admiten dúas subespecies).Young, J. R.; C. E. Braun; S. J. Oyler-McCance; J. W. Hupp & T. W. Quinn (2000): "A new species of sage-grouse (Phasianidae: Centrocercus) from southwestern Colorado". Wilson Bulletin 112 (4): 445–453. Xénero Dendragapus Elliot, 1864 Dendragapus fuliginosus (Ridgway, 1873), 4 subespecies Dendragapus obscurus (Say, 1823), 4 susbespecies Xénero Falcipennis Elliot, 1864 [inclúe Canachites (Stejneger, 1885)] Falcipennis canadensis (Linnaeus, 1758), sinón. Canachites canadensis, 5 subespecies Falcipennis falcipennis (Hartlaub, 1855), monotípico Falcipennis franklinii (Douglas, 1829), sinón. C. franklinii, 2 subespecies. Para o IOC e máis o ITIS, Falcipennis franklinii sería unha subespecie de Falcipennis canadensis, a Falcipennis canadensis franklinii.Family Phasianidae na IOC World Bird List. Versión 9.1 (2019).Falcipennis no ITIS. Xénero Lagopus Brisson, 1760 Lagopus lagopus (Linnaeus, 1758), [inclúe L. scoticus/scotica (Latham, 1787), 20 susbespecies Lagopus leucurus (Richardson, 1831), sinón. L. leucura, 5 subespecies Lagópodo cinsento (Montin, 1781), sinón. Lagopus mutus, 31 subespecies Xénero Lyrurus Swainson 1832 Lyrurus mlokosiewiczi (Taczanowski, 1875), sinón. Tetrao mlokosiewiczi, monotípico Lyrurus tetrix (Linnaeus, 1758), sinón. T. tetrix, 7 subespecies Xénero Tetrao (Linnaeus, 1758) Tetrao urogalloides (Middendorff, 1853), sinón. T. parvirostris (Bonaparte, 1856), 3 subespecies Tetrao urogallus (Linnaeus, 1758), 13 subespecies Xénero Tetrastes Keyserling & J. H. Blasius, 1840 Tetrastes bonasia Linnaeus, 1758</small> Tetrastes sewerzowi Przewalski, 1876</small> (antigamente clasificado como Bonasa sewerzowi) Xénero Tympanuchus Gloger, 1841, [inclúe Pedioecetes (Baird, 1858)] Tympanuchus cupido (Linnaeus, 1758), [inclúe T. pinnatus (Brewster, 1885)], 2 subespecies Tympanuchus pallidicinctus (Ridgway, 1873), monotípico Tympanuchus phasianellus (Linnaeus, 1758), sinón. Pedioecetes phasianellus, 6 subespecies

Características Os tetraoninos teñen unha rexa constitución corporal, igual que outros galiformes, como as galiñas. A súa lonxitude vai de 31 a 95 cm, e o seu peso de 0,3 a 6,5 kg. Os machos son maiores que as femias; dúas veces máis pesados na pita do monte (Tetrao urogallus), que é o membro máis grande da familia. Teñen plumas nos orificios nasais. As patas están tamén emplumadas ata as dedas, e teñen plumas ou pequenas escamas nos lados, unha adaptación para camiñar sobre a neve e enterrarse nela como refuxio. A diferenza doutros galiformes, non teñen esporóns.

Alimentación e hábitats Estas aves aliméntanse principalmente de vexetais: xemas, amentos, follas e ramiñas, que normalmente constitúen o 95% do peso dos alimentos dos adultos. As súas dietas varían grandemente coa estación. As crías comen principalmente insectos e outros invertebrados, reducindo gradualemnte a proporción de comida de orixe animal ata os niveis normais na dieta adulta. Varias das especies que viven en bosques son notables por comeren grandes cantidades de follas de coníferas, que a maioría dos demais vertebrados rexeitan. Para dixerir esta comida vexetal, teñen grandes boches e moellas, comen pedriñas para mellor triturar a comida, e teñen longos intestinos con cegos ben desenvolvidos nos cales hai bacterias simbióticas que dixiren a celulosa.

As especies de bosque forman grupos só en outono e inverno, aínda que os individuos se toleran se se encontran. As especies de pradería son máis sociais, e as especies de tundra (Lagopus) son as máis sociais de todas, formando grupos de ata 100 individuos en inverno. Todas as especies pasan a maior parte do seu tempo no chan, aínda que cando son alarmadas, poden levantar o voo freneticamente e facer longos planeos.

A maioría das especies permanecen nas súas zonas de apareamento todo o ano, pero fan curtos movementos estacionais; moitos individuos de perdices das neves das especies lagópodo cinsento e Lagopus lagopus migran centos de quilómetros.

Reprodución

Excepto nunha especie (Lagopus lagopus), os machos son polígamos. Moitas especies realizan elaboradas exhibicións de cortexo no chan ao amencer e ao solpor, nalgúns casos realizados en leks. Nas exhibicións os machos dalgunhas especies mostran cistas na cabeza rechamantemente coloreadas, sacos inflables moi coloreados situados a ambos os lados do pescozo. Os machos mostran a súa plumaxe, emiten vocalizacións que varían moito dunha especie a outra e poden realizar outras actividades, como tamborilear ou axitar as ás, facer repenicar as súas colas, e facer voos de exhibición. Ocasionalmente os machos loitan entre eles.

O niño é unha depresión pouco fonda ou escarvadura no chan, cun escaso forro de material vexetal. A femia fai unha posta, pero pode substituíla por outra se os ovos se perden. Empeza a poñelos aproximadamente unha semana despois de aparearse e pon un ovo cada día ou cada dous días. A posta consta de 5 a 12 ovos. Os ovos teñen forma de ovos de galiña e son amarelos claros, con pintiñas marróns espalladas. Cando poñen o último ovo, as femias comezan un período de incubación de 21 a 28 días. Os polos eclosionan cubertos cunha densa penuxe de cor marrón amarelada e abandonan o niño inmediatamente. Axiña desenvolven as plumas e poden voar pouco despois das dúas semanas de idade. As femias (e tamén os machos do Lagopus lagopus) permanecen con elas e protéxenas ata o primeiro outono, cando chegan o peso da madurez (agás nos machos de Tetrao urogallus). Son sexualmente maduros na seguinte primavera, pero non adoitan a aparearse ata anos despois.

Poboacións 240px|miniatura|Bonasa umbellus femia no Canadá.

Os tetraoninos constitúen unha parte considerable da biomasa de vertebrados no Ártico e Subártico. A súa cantidade pode caer moi abruptamente os anos que vai mal tempo ou hai unha alta poboación de predadores; as poboacións significativas de tetraoninos son a maior fonte de alimento para linces, raposos, martas e aves de presa. Porén, como poñen moitos ovos, poden recuperarse rapidamente.

Nos últimos anos as tres especies da tundra mantiveron as súas poboacións anteriormente coñecidas. As especies de pradería e de bosque declinaron moito debido á perda de hábitat, aínda que as aves de caza máis populares como a Lagopus (lagopus) scoticus e a Bonasa umbellus se beneficiaron da boa xestión do hábitat. A maioría das especies están clasificadas nas listas da IUCN como en situación "menos preocupante" ou "case ameazadas", pero as Tympanuchus cupido e Tympanuchus pallidicinctus son consideradas "vulnerables" e a Centrocercus minimus considérase "en perigo". Algunhas subespecies, como a Tympanuchus cupido attwateri e a Tetrao urogallus cantabricus (que é a subespecie de pita do monte que vive en Galicia), e algunhas poboacións nacionais e rexionais están tamén en perigo.

Dimorfismo do tamaño dos sexos Selección do tamaño dos machos

A diferenza fenotípica entre machos e femias denomínase dimorfismo sexual.

Os tetraoninos macho adoitan ser máis grandes que as femias en todas as especies, con algunhas diferenzas entre unha especie e outra en canto ao tamaño da diferenza. A hipótese que está apoiada por máis probas sobre a evolución deste dimorfismo sexual é a da selección sexual. A selección sexual favorece a exstencia de machos grandes; unha selección máis forte para o tamaño grande dos machos orixina un maior dimorfismo sexual nos tamaños. O tamaño das femias increméntanse en correspondencia co incremento no tamaño dos machos, e isto débese á herdanza (pero non na mesma medida que o tamaño do macho). Isto débese a que as femias que son menores poden seguir reproducíndose sen teren unha desvantaxe substancial, cousa que non é así nos machos.

Selección do comportamento de apareamento miniatura|240px|Macho de pita do monte exhibíndose na parada nupcial.