Manuel Porto Mella, nado en Santiago de Compostela cara a 1916, foi un sindicalista galego.

Traxectoria Almacenista e conserxe do Sindicato de dependentes e oficinistas de Santiago de Compostela. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na prisión de Compostela. Trasladado á prisión de Ordes, foi posto en liberdade. Agochouse ata que foi mobilizado. Loitou na batalla do Ebro e despois foi enviado a Córdoba e pasouse ao exército republicano en Peñarroya. Conseguiu o grao de capitán. Coa derrota republicana, pasou a Francia, onde quedou a vivir, participando nas actividades do PSOE e da UGT en Clermont-Ferrand (Puy-de-Dôme).

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Censo de represaliados de la UGT

Ficha en Memoria da Coruña

Ficha no Centro Documental de la Memoria Histórica

Categoría:Sindicalistas da UGT

Categoría:Exilio galego

Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en ano descoñecido