Elisa Patiño Meléndez nada en Pontevedra en 1890 e finada na mesma vila o 12 de abril de 1919, foi unha aviadora e aristócrata galega, coñecida tamén co alcume de Chichana. Foi a primeira muller galega en pilotar un avión."Chichana Patiño, el hada de Piñeiro", artigo de Milagros Bará en Diario de Pontevedra, 4 de maio de 2016 .

Traxectoria Iniciouse na aviación con José Piñeiro González, ao que acompañou en varias demostracións a bordo do seu Bleriot. Voou soa por vez primeira o 12 de outubro de 1913 no aeródromo de Baltar situado na praia de Baltar, en Sanxenxo.

Vida persoal Era filla de Albino Patiño Amado, duque de Patiño, e de Rosa Meléndez. En agosto de 1916 casou en Ponte Sampaio con Enrique Alcaraz Díez, e foi nai en xuño de 1917 de Lucía Alcaraz Patiño, que herdou o ducado de Patiño.. Morreu por mor da gripe de 1918.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Rodríguez Rodríguez, Anaír. Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño (1ª edición: febreiro de 2019 ed.). Vigo. ISBN 978-84-9121-464-9. OCLC 1135271442 Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1919 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Pioneiros da aviación Categoría:Finados por gripe Categoría:Aviadores de Galicia Categoría:Nobres de Galicia