Santa Baia de Búbal é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 148 habitantes (76 mulleres e 72 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 145 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 118 habitantes, sendo 58 homes e 60 mulleres. En 2016 tiña 104 habitantes, 50 mulleres e 54 homes, segundo o INE.
Toponimia O topónimo (haxiotopónimo) fai referencia ao nome da santa, o mesmo que Santa Eulalia (do grego, a ben falada). Búbal é o nome do río, afluente do Miño, de orixe incerta. Pode derivar do apelativo grecolatino (búfalo) ou do antropónimo , de orixe teriomórfica.
Patrimonio A igrexa parroquial de Santa Baia data dos séculos XII e XVIII, conserva estilo románico.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Santa Baia de Búbal
Parroquias de Carballedo
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballedo
Categoría:Parroquias de Carballedo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía