José Vázquez Liz, nado no Corgo cara a 1885 e finado en Lugo o 12 de maio de 1937, foi un político galego.
Traxectoria Veciño de Covas (Viveiro). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado no cárcere de Viveiro o 28 de agosto de 1936. Xulgado en Lugo por rebelión militar, foi condenado a pena de morte con Balbino Cerdeiras Rey.El Compostelano, 12-3-1937, p. 2. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 12 de maio de 1937 con Balbino Cerdeiras, Lisardo Sotelo Pérez e Manuel Vázquez Olmo.El Progreso, 13-5-1937, p. 4.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Corgo Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en 1885 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos