Andrés Celestino Balsas Vello, nado en Camariñas cara a 1912 e finado na Guarda o 23 de setembro de 1936, foi un sindicalista galego.

Traxectoria Veciño da Ponte do Porto. Secretario do Sindicato de Oficios Varios de Camariñas, afecto á CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu por mar a Portugal con Ramón Carballo Tajes e Manuel Carracedo Balsa. Alí foron detidos pola policía e entregados pola PIDE aos franquistas en Tui. Foi paseado o 23 de setembro de 1936 e o seu cadáver apareceu co de Manuel Carracedo nas inmediacións do cemiterio da Guarda.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Camariñas pagó el dolor de once hombres Varios vecinos de Camariñas fueron asesinados por defender la democracia

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Camariñas Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos