Santo Isidoro de Sevilla, nado contra o ano 560 en Cartagena e finado o 4 de abril de 636, foi arcebispo de Sevilla, doutor da Igrexa e un dos máis importantes eruditos da Idade Media, autor de Originum sive etymologicarum libri viginti (Etymologiae ou Etimoloxías)
Autor dunha Historia Sueborum a comezos do século VII, onde constata que o Reino Suevo durou 177 anos.
Obra Escribiu diversas obras de tipo histórico entre as que destaca Etymologiae, unha extensa recompilación de feitos coa idea de almacenar, sistematizae e condensar todo o coñecemento da época. Outra obra, aínda que de menor importancia é a Historia de regibus Gothorum, Vandalorum et Suevorum, na que fai un percorrido sobre a historia destes pobos xermánicos na península.
Véxase tamén
Outros artigos Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Isidoro
Ligazóns externas
Isidorus Hispalensis. Historia de regibus Gothorum, Vandalorum et Suevorum. (en latín). Edición de Jacques-Paul Migne (1844-1855). Patrologia Latina. París: Migne. Vol. 83.
Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Doutores da Igrexa Categoría:Historiadores Categoría:Personalidades da filosofía Categoría:Teólogos Categoría:Finados en 636 Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Enciclopedistas Categoría:Nados en Cartaxena Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia