O termo Ollo pode referirse a:

Ollo, órgano que detecta a luz, base do sentido da vista; Ollo dos cefalópodos; Ollo composto dos artrópodos; Ollo humano, órgano da visión dos seres humanos; Ollo parietal, órgano fotorreceptor presente nalgúns vertebrados primitivos; Ollo simple ou ocelo; Ollo morado, equimose ao rededor do ollo comunmente debida a unha ferida no rostro; Ollo vermello, termo non específico, co que se designa en medicina un avermellamento na porción anterior do ollo; Ojo cereixa, prolapso da glándula da membrana nictitante canina; Ollo da ponte, cada unha das bóvedas formadas polos arcos dunha ponte; Ollo apotropaico, pintura simbólica dun ou máis ollos que se usa como amuleto; Ollo de Horus, ou Udyat, antigo símbolo de características máxicas; Ollo da providencia, símbolo interpretado como a vixilancia de Deus sobre a humanidade; Mal de ollo, fenómeno supersticioso; Terceiro ollo que, segundo o contexto, pode ter varias acepcións; Ollo dun ciclón, rexión central e máis calmada dos ciclóns tropicais; Ollo de falcón, superhéroe da Marvel Comics; Ollo de falcón, tamén coñecido como ollo de aguia, sistema informático usado en crícket, tenis, fútbol e outros deportes para seguir a traxectoria da pelota; Ollo máxico, válvula termoiónica; Ollo negro, graxa que se aplica en forma de parche rectangular debaixo dos ollos; Ollo de tigre, mineral de cores pardas e amareladas; Ollo de boi, orificio circular practicado nos tabiques exteriores dos barcos; Ollo de peixe, obxectivo fotográfico cun ángulo de visión extremadamente grande.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza O Ollo, lugar da parroquia do Castro, no concello de Begonte.

Véxase tamén Outros artigos