Evaristo Candelas Pérez, coñecido como Evaristo ou Ángel Franco, nado en Galera (Granada) o 19 de setembro de 1916Candela, Evaristo e finado en París en febreiro de 1988, foi un militar e guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria Ingresou voluntario na Mariña en xuño de 1936. Desertou e quixo ir a Asturias con Antonio Molins Valls, Ramón Vizoso e Demetrio. Foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía. Integrouse no grupo Neira. En 1942, coa axuda de Demófilo Pedreira Rumbo e outros militantes comunistas, foi operado de apendicite nunha clínica privada da Coruña e permaneceu oculto 20 días coa falsa identidade de Ángel Franco. Participou con Leonardo Gómez Pérez no axustizamento do xefe da Falange de Viveiro, Manuel Trobo Rivera, o 13 de xaneiro de 1946. O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia coa súa compañeira Lola xunto a outros guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. Vivía en París cando foi indultado o 15 de xuño de 1967.

Notas

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados en Galera, Granada Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1988