Rogelio García Morales, Maletas, nado Vigo e finado en Redondela o 15 de outubro de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Desertou do exército. En 1938 organizou co seu irmán José García Morales un grupo guerrilleiro ao que se incorporou en 1939 o militante comunista Claudio Rodríguez Vázquez. O grupo estaba composto por comunistas e anarquistas. O 15 de outubro de 1939, o seu grupo foi rodeado pola Garda Civil en Vilar de Infesta (Redondela), Rogelio resultou ferido grave polo tiro accidental do seu compañeiro Jesús Lago González, e foi logo rematado por outro, mentres que o resto dos guerrilleiros conseguiron escapar. Logo da súa morte, o seu irmán José reorganizou o grupo pero xa controlado por Manuel Simón Campos.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1939 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos