miniatura|280px|Adaptacións das pezas bucais dos insectos. lr (vermello): labro, md (verde): mandíbulas, mx (amarelo): maxilas, lb (azul): labio.

O labio, tamén chamado labio inferior ou labium (esta última voz do latín científico) é a máis posterior das pezas bucais dos insectos e algúns miriápodos (sínfilos). Sitúase tras das maxilas e representa o chan da boca.

Usualmente leva un par de pequenos apéndices chamados palpos labiais (estruturas diferentes das de igual nome nos moluscos bivalvos).

O labio é unha peza impar resultado da fusión de dous apéndices, o segundo par de maxilas. Comprende as seguintes partes: Mento (ou mentum). Parte basal que conecta o labio coa cápsula cefálica. Hipofarinxe. Parte dorsal. Paraglosas. Parte apical. Palpos labiais. Proxecciónes laterais formadas por varios artellos.

Véxase tamén Outros artigos Mandíbula (artrópodos) Maxila Pezas bucais Palpo labial

Categoría:Anatomía dos artrópodos Categoría:Termos zoolóxicos