Juan Zapata Monteiro, finado en Lubre (Bergondo) o 28 de febreiro de 1948, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Juan Zapata Amil. Foi nomeado xuíz municipal de Bergondo en 1920,El Compostelano, 8-11-1920, p. 4. permanecendo no posto até 1928. Xa no franquismo foi nomeado alcalde de Bergondo o 27 de setembro de 1947, mais a guerrilla matouno cinco meses despois, o 28 de febreiro de 1948, no lugar do Pilón da parroquia de Lubre.
Vida persoal
Casou con Antonia Cubeiro Amor e foi pai de María e Juan Zapata Cubeiro.El Correo Gallego, 20-12-1941, p. 2. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Alcaldes do Concello de Bergondo (A Coruña) 1836-2013
Categoría:Alcaldes de Bergondo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Finados en 1948