Antonio Crespo, coñecido como Capitán ou Fotógrafo, finado no Porriño 31 de marzo de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria En 1936 era capitán de Carabineiros da 5ª Brigada. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte. En 1945 estaba na comarca de Deza como enlace do Comité Central do PCE. O 14 de novembro de 1945 asaltou o domicilio do cura de Atios (O Porriño) Policarpo Bernárdez Rodríguez, ao que matou dun disparo. Agochouse durante un tempo na zona do Porriño. Foi morto pola Garda Civil na estación do Porriño na madrugada do 31 de marzo de 1946 cando trataba de subir a un tren de mercancías que se dirixía a Madrid.Antonio Crespo viaxaba con documentación falsa, pois no Rexistro civil do Porriño aparece rexistrada a súa morte co nome de Eladio Hortecillas Aroca, xornaleiro nado en Cuenca de 28 anos, aínda que nun primeiro momento foi rexistrado como Arturo R. Villar. No enfrontamento morreu tamén o garda civil Ángel Lareo Alfonso.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Finados en 1946 Categoría:Nados en ano descoñecido