Gregorio Dopico Fernández,Nalgunhas fontes figura como Gregorio Fernández Dopico. Yoyo ou Bolicheiro, nado no Roxal (Neda) en 1919 e finado en Sillobre (Fene) o 30 de xullo de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Traballaba nunha fábrica de gasosas. Militante da CNT. Foi detido polos axentes da Brigada Social na Coruña o 16 de setembro de 1942. Enlace da guerrilla, despois da caída da organización libertaria da zona de Ferrol en febreiro de 1945, uniuse ao grupo de Francisco Gómez Núñez. Despois foi membro do grupo Neira. Logo da morte de José Neira Fernández integrouse na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia onde foi comandante do destacamento Segundo Vilaboy, que tiña como comisario a Adolfo Allegue Allegue e responsable en Lugo a Gregorio Doñate Martínez. Foi morto pola Garda Civil o 30 de xullo de 1947, no monte Reboredo en Sillobre, que bordea a estrada a Lavandeira, con Nicolás Rodríguez Pereira.La Voz de Galicia, 1-8-1947, p. 3.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Neda Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes