Daher Ahmed Farah, nado en Dikhil en 1962, é un xornalista, escritor e político de Djibuti.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia nómade e non foi á escola ata os 11 anos. En 1983 entrou no exército de Djibuti e realizou estudos en Francia. Deixou o exército en 1991 e, de volta no seu país, foi redactor xefe de La Nation e foi un dos membros fundadores do Partido da Renovación Democrática, oposto ao goberno. En 1997 accedeu á presidencia do partido e as autoridades arrestárono en outubro dese ano. Na actualidade é o presidente do partido opositor Movemento pola Renovación Democrática e o Desenvolvemento (MRD).
En 1993 publicou a primeira novela en francés dun xibutí, Splendor éphémère. É autor tamén de poemas en somalí.
Farah, Daher Ahmed Farah, Daher Ahmed Farah, Daher Ahmed Farah, Daher Ahmed