Paulo III NunaNado Imil Ximun Nuna, tamén Emil Shimoun Nona. (en ), nado en Al-Qux (Iraq) o 1 de novembro de 1967, é un eclesiástico católico caldeo, dende 2026 é o actual Patriarca de Bagdad dos Caldeos, antes foi arcebispo de Mosul entre 2009 e 2015, e entre 2015 e 2026 arcebispo de San Tomé o Apóstolo de Sydney. Traxectoria Naceu nunha familia asiro-caldea de Al-Qux o 1 de novembro de 1967. Logo de completar a súa educación secundaria, en 1985 entrou no Seminario Patriarcal Caldeo e foi ordenado sacerdote o 11 de xaneiro de 1991 en Bagdad.

Entre 1993 e 1997 foi vigairo parroquial en Al-Qux, e posteriormente párroco até 2000, cando marchou a estudar Teoloxía á Pontificia Universidade Lateranense. Graduouse en 2005 e volveu a Al-Qux.

O 5 de maio de 2009 o Sínodo dos Bispos da Igrexa Católica Caldea elixiu a Nuna como arcebispo de Mosul, e o papa Bieito XVI aceptou a súa escolla o 13 de novembro de 2009. A sé estaba vacante dende o asasinato do seu arcebispo Bulus Farax Rahu en 2008. Amil Nuna recibiu a consagración episcopal o 8 de xaneiro de 2010 de mans do patriarca de Babilonia Manuel III Dali.

Coa toma de Mosul e dos territorios da chaira de Nínive polo Estado Islámico, a súa arquidiocese deixou na práctica de existir. O 15 de xaneiro de 2015 Nuna foi nomeado arcebispo ad personam de San Tomé o Apóstolo de Sydney, con xurisdición sobre todos os caldeos de Oceanía.

O 12 de abril de 2026, foi electo Patriarca de Bagdad dos Caldeos.

Notas

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Iraq Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Arcebispos católicos de Iraq Categoría:Bispos católicos de Australia Categoría:Bispos católicos de Nova Zelandia Categoría:Bispos da Igrexa católica caldea Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Lateranense Categoría:Patriarcas de Babilonia