Martellus Demond Bennett, nado o 10 de marzo de 1987 en San Diego (California), é un ex xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xogaba na posición de tight end na National Football League (NFL). O seu maior éxito foi a Super Bowl LI conseguido cos New England Patriots. Tras formarse no fútbol americano universitario na Texas A&M, foi seleccionado na segunda rolda no draft da NFL de 2008 polos Dallas Cowboys. Alén do equipo de Massachusetts, Bennett tamén xogou para os New York Giants, os Chicago Bears e os Green Bay Packers. Bennett é tamén escritor de contos infantiles. O seu irmán máis vello, Michael Bennett, é tamén xogador profesional de fútbol americano.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Perfil na páxina dos Green Bay Packers
Categoría:Xogadores dos Dallas Cowboys Categoría:Xogadores dos New York Giants Categoría:Xogadores dos Chicago Bears Categoría:Xogadores dos New England Patriots Categoría:Xogadores dos Green Bay Packers Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en San Diego