Pedro Seijo Vaamonde, nado en Casás (Corvite, Abadín) cara a 1840 e finado en Madrid o 1 de marzo de 1924, foi un avogado e filántropo galego.
Traxectoria Emigrou a Madrid de moi novo. Foi procurador dos tribunais e conseguiu unha boa situación económica. No seu testamento, de 10 de abril de 1922, deixou os seus bens para crear e dotar a "Escola Seijo" en Casás. Na escola debía impartirse tamén nocións de agricultura, gandaría e industria. O legado serviu para construír o edificio escolar, a vivenda para o mestres e a creación dunha fundación que xestionase o funcionamento do grupo escolar. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía
Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Nados en Abadín Categoría:Finados en 1924 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados no século XIX