A lingua tumbuka é unha lingua bantú que se fala na Rexión Norte de Malawi e tamén no distrito Lundazi de Zambia.Michigan State University African Studies Center information page . Tamén é coñecida como chiTumbuka ou ciTumbuka — o prefixo chi- diante de Tumbuka significa "a lingua de", e enténdese que se refire á lingua do pobo tumbuka. O tumbuka pertence ó mesmo grupo de linguas que o chewa e o sena.Kiso (2012), pp.21ff.

O World Almanac (1998) estima que hai arredor de 2 000 000 de falantes de tumbuka, malia que outras fontes suxiren un número máis cativo. A maioría dos falantes de tumbuka concéntranse en Malawi. O tumbuka é a lingua máis amplamente falada do norte de Malawi, destacando os distritos Rumphi, Mzuzu e Mzimba.University of Malawi (2006) Language Mapping Survey for Northern Malawi.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en tumbuka Bibliografía Chase, Robert (2004). "A Comparison of Demonstratives in the Karonga and Henga Dialects of Tumbuka". Undergraduate paper. Amherst: Dept. of Linguistics, Univ. of Massachusetts. Downing, Laura J. (2006). "The Prosody and Syntax of Focus in Chitumbuka". ZAS Papers in Linguistics 43, 55-79. Downing, Laura J. (2008). "Focus and prominence in Chichewa, Chitumbuka and Durban Zulu". ZAS Papers in Linguistics 49, 47-65.

Categoría:Linguas bantús Categoría:Linguas de Tanzania Categoría:Linguas de Zambia Categoría:Linguas de Malawi