A Barrosa é unha aldea situada no leste da parroquia de Adina, no concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo datos do IGE, tiña 180 habitantes no ano 2025, dos que 83 eran mulleres e 97 homes, o que representa un ascenso respecto ós anos 2016, cando tiña 170 veciños, e 2009, cando eran 174.
Patrimonio Destaca o seu cruceiro centenario, con catro chanzos, doado por Luís Domínguez Portela , veciño do lugar.
É unha zona propiamente agrícola, destacando a produción de viño como cultivo principal.
Lugares e parroquias Lugares de Adina
Parroquias de Sanxenxo
Categoría:Lugares de Sanxenxo