Portugal baixo a casa de Austria —denominado pola historiografía portuguesa como dinastía filipina — en grafía portuguesa dinastia filipina, dinastia dos Habsburgo, ou terceira dinastía— é o período histórico comprendido entre 1580 e 1640 no que Portugal constituíu unha unión dinástica aeque principaliter xunto cos demais dominios que compuñan a Monarquía Hispánica baixo o mesmo soberano de casa de Austria.

Historia No ano 1580, os Habsburgo chegaron ao trono portugués após a crise sucesoria desencadeada tras a morte sen descendencia do rei Sebastián I de Portugal na batalla de Alcazarquivir. Filipe II de España foi recoñecido como rei Filipe I de Portugal nas Cortes de Tomar, Santarém, en 1581. Con todo, a idea de Portugal de perder a súa independencia levou ao inicio dunha revolución liderada polo Prior de Crato, quen proclamou a súa soberanía en 1580 e gobernou até 1583 na illa Terceira, nos Azores.

O Prior de Crato foi derrotado co apoio da burguesía e da nobreza tradicional, despois de que o rei Filipe se comprometese a respectar as fortalezas, costumes e foros dos portugueses, a manter os cargos na administración central e local e persoal das guarnicións, e a frota de Guinea e da India portuguesa.

Nas Cortes estiveron presentes todos os procuradores das vilas e cidades portuguesas, excepto os dos Azores, que permaneceron leais a Prior de Crato, rival pretendente ao trono derrotado por Filipe II.

Monarcas da Dinastía Filipina Chamada así porque foi comezada por Filipe I de Portugal e II de Castela e Aragón, e todos os monarcas descendentes del se chamaron Filipe, até a restauración da independencia do Reino de Portugal en 1640. Filipe II de España (como Filipe I en Portugal) (r. 1580-1598) Filipe III de España (como Filipe II en Portugal) (r. 1598-1621) Filipe IV de España (como Filipe III en Portugal) (r. 1621-1640)

Extensión Durante a súa existencia, a extensión do bloque territorial ibérico chegou a converterse no imperio máis dilatado do seu tempo.

Os monarcas da Dinastía Filipina gobernaron sobre unha extensa superficie do mundo que abarcaba desde as Indias de América até o extremo oriente de Asia, incluíndo factorías en África e a India.

O imperio foi chamado Unión Ibérica ou Imperio Ibérico, e repetiuse o lema do imperio onde non se pon o Sol.miniatura|375x375px|Escudo dos reis da casa de Austria, tamén como soberanos de Portugal. Cómpre destacar as armas do Reino de Portugal, no chamado punto de honra, entre as de Castela-León e Aragón-Sicilia.

O imperio onde nunca se pon o Sol O lema popularizouse na Dinastía Filipina, pero fora ferido antes a Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico e rei de Castela e de Aragón, e dito por Xerxes I antes da Segunda guerra médica, recollido nas Historias de Heródoto."γῆν τὴν Περσίδα ἀποδέξομεν τῷ Διὸς αἰθέρι ὁμουρέουσαν. οὐ γὰρ δὴ χώρην γε οὐδεμίαν κατόψεται ἥλιος ὅμουρον ἐοῦσαν τῇ ἡμετέρῃ" ("Debemos estender o territorio persa tan lonxe como alcance o ceo de Deus. O sol non brillará en ningunha terra fóra das nosas fronteiras.")

En 1585, Giovanni Battista Guarini escribiu "Il pastor fido" para celebrar o matrimonio de Catarina Michelle, filla de Filipe II, con Carlos Emanuel I, duque de Savoia. Na súa dedicatoria, Guarini dicía: "Filla do Monarca onde o Sol nunca se pon".Hamish M. Scott (2015). The Oxford Handbook of Early Modern European History, 1350-1750: Cultures and Power. Oxford University Press. p. 217. ISBN 978-0-19-959726-0. Bartlett, John (2000) . Familiar quotations.

No inIcio do século XVII, a frase era familiar para Thomas Urquhart, que escribiu "Don Felipe, Tetrarca do mundo, sobre cuxos súbditos o sol nunca se pon". Na peza Don Carlos de 1787 do dramaturgo alemán Friedrich Schiller, o pai de Don Carlos, Filipe II, di: "Meu nome é / O home máis rico do mundo bautizado; / O sol nunca se pón no meu Estado".

Joseph Fouché lembrou a Napoleón dicindo antes da Guerra Peninsular: "Reflexionan que o sol nunca se pon na inmensa herdanza de Carlos V, e que terei o imperio dos dous mundos". Iso foi citado na "Vida de Napoleón" de Walter Scott. Alegouse tamén que o emblema de Lois XIV de Francia como o "Rei Sol" e o lema asociado, "Nec pluribus impar", foran inspirados no lema de Filipe II.

O tópico foi repetido por Alexander Campbell en 1852: "Para a Gran Bretaña e América, Deus concedeu a pose do novo mundo; e porque o sol nunca se pon sobre a nosa relixión, nosa lingua e nosas artes...".miniatura|400x400px|Mapa dos territorios do rei de Filipe I de Portugal e II de Castela e Aragón (España) en 1598. Inclúe os territorios adscritos ao Consello de Castela (verde), Consello de Aragón (laranxa), Consello de Portugal (azul), Consello de Italia, Consello de Indias e Consello de Flandres abarcando os territorios disputados coas Provincias Unidas.|centro Notas

Véxase tamén

Outros artigos Imperio Español Imperio Portugués Independencia de Portugal Iberismo

Categoría:Historia moderna de España Categoría:Historia de Portugal Categoría:Política de Portugal Categoría:Imperio Español Categoría:Política de España Categoría:Unións de estado desaparecidas