Salpornis é un xénero de aves paseriformes, un dos dous que conforman a familia dos cértidos, que comprende aos subidores máis típicos.
Características De pequeno tamaño e aspecto típico dos subidores, a súa cola ten doce plumas, arredondadas nos extremos. A fosa nasal está libre, desprovista de serdas. A lingua termina en cinco serdas.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1847 polo zoólogo inglés George Robert Gray.
Etimoloxía O nome Salpornis está formado pos elementos do latín científico salp-, tirado, segundo algún s etimoloxístas, do termo do grego antigo σαλιγκτής salpinktḗs "o trompeta", e -ornis, derivado do grego antigo ὄρνις órnis, "paxaro".
Clasificación No xénero recoñécense na actualidade dúas especies, unha que vive na India e outra de distribución africana, esta última considerada anteriormente como unha subespecie. Pero as diferenzas en tamaño, chíos e as secuencias do ADN mitocondrial apoiaron a división das poboacións africanas e indias, para formar a nova especie Salpornis salvadori.Salpornis spilonotus na orde Passeriforme. Congreso Ornitolóxico Internacional. (Consultado o 6 de abril de 2017).
Daquela, no xénero recoñécense dúas especies, unha delas con dúas subespecies (ou tres, segundo os autores).
Xénero Salpornis G. R. Gray, 1847 Salpornis G. R. Gray, 1847 no ITIS.Salpornis no NCBI. Salpornis salvadori (Bocage, 1878) Salpornis spilonotus (Franklin, 1831) (Ás veces denominada Salpornis spinolota) Salpornis spilonotus rajputanae Meinertzhagen & A. Meinertzhagen, 1926 Salpornis spilonotus rajputanae Meinertzhagen & A. Meinertzhagen, 1926 no ITIS. Salpornis spilonotus salvadori (Bocage, 1878) Salpornis salvadori salvadori (Bocage, 1878) en Avibase . Salpornis spilonotus spilonotus (Franklin, 1831) Salpornis spilonotus spilonotus (Franklin, 1831) no ITIS.
miniatura|240px|Cabezas e pés de Tichodroma e Salpornis.
Controversia taxonómica
Salpornis é un xénero que na actualidade se inclúe na familia dos Certhiidae. Pero no pasado fora incluído na familia dos Sittidae ou colocado nunha familia propia, a dos Salpornithidae.
As análise filoxenéticas moleculares mostran que definitivamente está dentro da superfamilia dos Certhioidea, pero subsiste certa incerteza acerca da súa situación en relación cos xéneros Sitta, Tichodroma e Certhia.
Aínda que son de aparencia similar aos subidores do xénero Certhia, porén, non utilizan as súas colas para apoialas nos troncos das árbores nas súas escaladas, e algunhas evidencias moleculares demostran que está máis cerca das agatuñadeiras do xénero Sitta, mentres que outro estudo suxire unha relación máis estreita con Tichodroma muraria.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Tietze D. T. & J. Martens (2010): "Intraspecific differentiation in Spotted Creepers, Salpornis spilonotus (Aves: Passeriformes: Certhiidae)", Vertebrate Zoology 60: 163-170. Rasmussen, P. C. & J. C. Anderton (2012): Birds of South Asia: the Ripley Guide, 2ª ed. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions.
Outros artigos Paseriformes Cértidos
Ligazóns externas Especies de Salpornis na Lista vermella da UICN.
Categoría:Paseriformes