Perfecto Castro Martínez, Tereso, nado en Galdo (Viveiro) cara a 1903 e finado en Cerdido o 16 de abril de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Simpatizante do PCE. Pasou catro anos no cárcere e despois incorporouse á guerrilla. Foi membro da III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Participou na execución do cura de Bravos e na do alcalde de Ourol. Despois pasou ao destacamento Eive-Carbón da IV Agrupación. Morreu o 16 de abril de 1949 nun enfrontamento coa Garda Civil preto da Vila da Igrexa (Cerdido), xunto cos outros membros do destacamento José Vilariño Fernández e José Felpeto Gómez e un enlace. No combate perdeu a vida o garda civil Ramón Pérez Casas.La Voz de Galicia, 20-4-1949, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Finados en 1949 Categoría:Nados en 1903 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes