dereita|miniatura|Situación da aldea en Francia.

Y é unha aldea francesa da rexión de Picardía, no departamento de Somme. En 1999 tiña 89 habitantes. Atópase a 72 msnm e o alcalde é Charles Charpentier.

É un dos lugares co topónimo máis curto de Europa. Está irmandada con Llanfair­pwllgwyngyll­gogery­chwyrn­drobwll­llan­tysilio­gogo­goch, o lugar co topónimo máis longo de Europa. O seu xentilicio en francés é Ypsilonien(ne)s.

Categoría:Xeografía de Francia