José María Martínez Cerviño, coñecido como Jaime, nado en Almoite (Baños de Molgas) e finado en Ourense en decembro de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Fillo do veterinario de Almoite, Felipe Martínez, e da mestra Elvira Cerviño. Era o encargado das provisións, os medicamentos e a dinamita da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Conseguiu escapar das detencións e marchar a Salamanca. Localizado cando pediu os papeis para casar, foi detido e executado no cárcere de Ourense. Foi soterrado no cemiterio de Ourense o 9 de decembro de 1951.El Pueblo Gallego, 2-8-1960, p. 11. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Baños de Molgas Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes