Colder é unha serie de banda deseñada de terror creada por Paul Tobin e ilustrada por Juan Ferreyra. É unha triloxía cuxo tema central é a tolemia.

Sinopse O corpo de Declan Thomas arrefría un pouco cada día dende que o manicomio no que estaba recluído fose arrasado polo lume. Ademais, Declan posúe unha habilidade: é quen de entrar na tolemia doutras persoas e curala. A súa esperanza é chegar a curar a súa algún día, pero ten pouco tempo, porque un demo anda detrás del.

Títulos Colder (2015) Colder: The Bad Seed (2016) Colder: Toss the Bones (2016)

Categoría:Obras de banda deseñada