Secundino Feijoo Méndez, nado en Vilanova dos Infantes en 1870 e finado en Madrid o 28 de febreiro de 1939El Pueblo Gallego, 25-4-1939, p. 2., foi un empresario circense galego.
Traxectoria Comezou como músico no circo Fasy, despois montou un número de touros amestrados, co que percorreu Europa acompañado pola súa muller Francisca Salas Cerdán. Aos vinte anos, coa súa muller e a súa curmá Silveria, montou o seu propio espectáculo, o circo Feijoo. Co circo Feijóo renovou o espectáculo ao emparentar con Arturo Castilla, unha saga de pallasos chamados Hermanos Cape e converteuse nun dos máis importantes circos de España. Posteriormente derivou na empresa de espectáculos Feijoo Castilla Fleta.
Morreu en Madrid o 28 de febreiro de 1939. Logo da súa morte, o seu fillo Manuel Feijoo Salas continuou á fronte do Circo Feijoo no que tamén actuaba como écuyer a súa filla Araceli Feijoo. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Celanova Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1939