O polígono industrial de Ordes é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no lugar de Merelle, na parroquia e concello de Ordes.
Historia e descrición Este polígono ou parque empresarial foi aprobado mediante un Plan Parcial pola Comisión Provincial de Urbanismo o 18 de novembro de 1993, cun prazo de execución de cinco anos a desenvolver en tres fases, a primeira das cales, de 78.000 metros cadrados habería de se inaugurar en 1997 e as restantes en 2004. Superficie neta: máis de 300.000 m2 Superficie de uso industrial: 217.000 m2 Superficie para equipamentos sociais, comerciais e servizos: 11.000 m2 Zonas verdes: 30.000 m2 A apertura da Ronda Leste en 2010 fixo posíbel que os vehículos pesados que dirixiran cara a AP-9 ou a N-550 dirección sur puidesen evitar atravesar o casco urbano.
Accesos N-550. P. K. 34 - 35. Estrada Ordes - Cerceda. AC-524 - Ronda Leste (conexión coa AP-9, saída 41).
Notas
Categoría:Ordes Ordes