Les Revenants é unha serie de televisión francesa de drama sobrenatural creada por Fabrice Gobert. Está baseada no filme francés Les Revenants, dirixido por Robin Campillo. A serie estreouse o 26 de novembro de 2012 en Canal+ e consta de dúas tempadas, de oito capítulos cada unha. No ano 2013, a primeira tempada gañou un Emmy Internacional á mellor serie dramática. A segunda tempada, estreouse o 28 de setembro de 2015 en Canal+, e rematou o 19 de outubro de 2015.

No 2015, estreouse unha adaptación en lingua inglesa, The Returned, mais foi cancelada despois da primeira tempada rematando sen final.

Sinopse Nunha pequena vila francesa de montaña reaparecen persoas mortas, aparentemente vivas e normais. Entre elas está a vítima dun accidente de autobús escolar, Camille, un noivo suicidado o día da súa voda, Simon, un neno pequeno chamado "Victor", e o asasino en serie Serge. Mentres tratan de recuperar as súas vidas, ocorren fenómenos moi estraños: caídas da electricidade, a baixada do nivel do encoro local, a presenza de animais mortos e a aparición de marcas no corpo dos vivos e dos mortos.

Personaxes Principais Os "Regresados" Yara Pilartz como Camille Séguret Swann Nambotin como Victor/Louis Lewanski Pierre Perrier como Simon Delaître Guillaume Gouix como Serge Garrel Ana Girardot como Lucy Clarsen Laetitia de Fombelle como Viviane Costa Ernst Umhauer como Virgil Armande Boulanger como Audrey Sabatini Thomas Doret como Esteban Koretzky Mélodie Richard como Esther Michaël Abiteboul como Milan Garrel

Outros Jenna Thiam como Léna Séguret Anne Consigny como Claire Séguret Frédéric Pierrot como Jérôme Séguret Jean-François Sivadier como Pierre Grégory Gadebois como Toni Garrel Clotilde Hesme como Adèle Werther Brune Martin como Chloé Delaitre Céline Sallette como Julie Meyer Claude Leveque como Michel Costa Samir Guesmi como Thomas Mézache Alix Poisson como Laure Valère Constance Dollé como Sandrine Sabatini Jérôme Kircher como Jean-François Laurent Lucas como Berg

Recorrentes Laetitia de Fombelle como Viviane Costa Bertrand Constant como Bruno Matila Malliarakis como Frédéric Guillaume Marquet como Alcide Franck Adrien como Yan Sabatini Carole Franck como Mademoiselle Payet Armande Boulanger como Audrey Sabatini Ernst Umhauer como Virgil Laurent Capelluto como maior do exército Alice Butaud como Madame Lewanski Pauline Parigot como Ophélie Thomas Doret como Esteban Vladimir Consigny como Morgane Nicolas Wanczycki como Tenente Janvier Aurélien Recoing como Etienne Berg

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Series de televisión en lingua francesa Categoría:Series de televisión de Francia Categoría:Series de televisión iniciadas en 2012 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2015