Guillermo Álvarez Pérez, nado en Cortegada en 1867 e finado en Buenos Aires o 6 de outubro de 1929Correo de Galicia, 13-10-1929, p. 4., foi un arquitecto e filántropo galego.

Traxectoria Emigrou a Buenos Aires en 1885 co seu pai e o seu irmán Alfredo. Traballou como obreiro da construción e fíxose arquitecto. Construíu co seu irmán Alfredo a Embaixada de España en Buenos Aires. Foi socio do Centro Gallego. Grazas a súa amizade co conde de Bugallal conseguiu para Cortegada escolas, xulgado de paz, correos e telégrafos e estrada. Contribuíu a sufragar os gastos destas instalación, principalmente a construción do edificio do Concello, xulgado, escolas e vivendas para mestres. No seu testamento deixou 100.000 pesetas para repartir entre os pobres do concello, 150.000 para edificación dunha Casa consistorial escolar e 3.000 pesetas para arranxo da prazaEl Progreso, 9-5-1930, p. 3.. Foi condecorado por Afonso XIII coa Gran Cruz de Sabela a Católica.

miniatura|275px|Edificio do concello, xulgado e escolas de Cortegada inaugurado en 1936. En Cortegada hai unha rúa co nome de Irmáns Álvarez. Dedicáronlle uns xardíns onde instalaron un busto obra de Francisco Asorey.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Artigo "ÁLVAREZ PÉREZ, Alfredo", en Gran Enciclopedia Galega.

Categoría:Arquitectos de Galicia Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Cortegada Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1929