O baixo sorbio ou baixo sorabo (dolnoserbski) é unha lingua minoritaria eslava de Alemaña, falada na histórica provincia de Baixa Lusacia, na actual Brandeburgo. É unha das dúas formas literarias do sorbio, sendo a outra o alto sorbio.

O baixo sorbio é falado arredor da cidade de Cottbus en Brandeburgo. Os sinais desta rexión son polo xeral bilingües e Cottbus ten un colexio no que o baixo sorbio é a lingua do ensino. O baixo sorbio está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO A meirande parte dos falantes nativos teñen unha idade avanzada.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en baixo sorbio Alto sorbio

Categoría:Linguas sorbias Categoría:Linguas eslavas Categoría:Linguas de Alemaña