miniatura|Posición básica de contacto ventre con ventre. A posición do misioneiro é unha posición sexual na que a muller permanece deitada no seu lombo mentres o home está sobre ela, cara a cara, e realizan o coito ou outra actividade sexual. Malia estar comunmente asociada á actividade sexual heterosexual, esta posición sexual tamén pode ser practicada por parellas gais e lesbianas.

A posición do misioneiro pódese practicar para a penetración sexual ou o sexo sen penetración (por exemplo, o sexo intercrural), e é un exemplo de actividade reprodutiva ventro-ventral (cara a cara). Variacións da posición permiten variar os graos de estreitez vaxinal, a estimulación clitoriana, a profundidade da penetración, a participación da muller, e a probabilidade e velocidade do orgasmo.

Notas

Categoría:Posturas sexuais