Nonstop é un grupo musical feminino portugués que xurdiu no ano 2001 grazas ao programa de televisión Popstars. Andrea, Kátia, Fátima, Liliana e Rita foron as compoñentes iniciais. Publicou o seu primeiro álbum no ano 2001, Ao limite eu vou, co que conseguiron o disco de platino en Portugal. En 2004, despois de que unha das compoñentes, Fátima, abandonase o grupo, o grupo volveu á acción con Tudo vai mudar. Foi elixido para representar a Portugal no Festival da Canción de Eurovisión.
Discografía Ao limite eu vou (2001) Tudo vai mudar (2004)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web con información de Nonstop
Categoría:Grupos musicais de Portugal Categoría:Representantes de Portugal en Eurovisión